viernes. 03.02.2023

200 amantes das BTT fixeron a XII Ruta do cocido de Trasmiras

A choiva respectou aos ciclistas, que participaron nun circuito esixente e “pesado” nalgúns dos seus treitos

Saída da XII Ruta do Cocido de Trasmiras
Saída da XII Ruta do Cocido de Trasmiras

Trasmiras volveu a ser este domingo 15 de xaneiro un concello cheo de cor, rodas e barro. Máis de 200 ciclistas, chegados dende boa parte da provincia, da comunidade autónoma e até de Euskadi, participaron na décimo segunda edición da Ruta BTT do Cocido, que recuperaba esta vez si a súa data habitual logo de que na pasada edición tivera lugar no mes de marzo.

Membros do clube organizador BTT Nocelo
Membros do clube organizador BTT Nocelo

A saída dábase a iso das 9:30 horas deste domingo cunha temperatura de tres graos centígrados, aínda que o lixeiro vento que corría baixaba uns graos máis a sensación térmica que estaban a soportar os participantes. O percorrido inicial pola localidade, dun kilómetro, deixou paso ao circuíto, de 28 ou 49 kilómetros segundo se optase pola opción curta ou longa; que os máis de 200 ciclistas inscritos tardaron en percorrer unhas cinco horas. Rutas que a maioría dos ciclistas calificaron de “pesadas” polo estado do firme, moi húmido polas recentes precipitacións.

Aqueles que escolleron a ruta curta comezaban a chegar ao pavillón polideportivo pouco despois das 12:30 horas, onde lles agardaba un chocolate quente, bica e unha ducha nos vestiarios alimentados con enerxía solar.

Un dos participantes chegando á meta
Un dos participantes chegando á meta

Cando chegou o derradeiro corredor, un cento de participantes que reservaran mesa, participaron do tradicional xantar no restaurante César da localidade, onde o prato estrela e único foi o cocido, que lle dá nome á proba. Un sorteo de varios regalos proporcionados por firmas relacionadas co sector e os obsequios ao participante máis lonxevo ou ao clube que maior número de ciclistas aportou -o de Boiro, todo un clásico-, entre outros, pecharon a comida de confraternidade nunha xornada na que respectou a chuvia pero non así as temperaturas, que foron baixas ao longo do día.

O rexedor popular, Emilio José Pazos, agradeceu, logo da comida na que participaba por segunda vez, “o esforzo do clube organizador que xa convertiu ao noso concello, moi indicado para este tipo de disciplina, en referencia para todos os amantes deste deporte, que saben que nada máis rematar as festas do Nadal teñen unha cita ineludible cada ano con Trasmiras. Para min e para o meu equipo de Goberno é toda unha satisfacción ver como se enche a nosa vila nun domingo así”, afirmou.       

Comida en Casa César de Viladerrei
Comida en Casa César de Viladerrei



José Alvar, presidente do clube BTT Nocelo, organizador do evento deportivo, destacou a complicidade do Concello de Trasmiras e de todos os que colaboraron económica e persoalmente na organización desta XII edición e lamentou “que tiveramos que ver como algún gracioso retirase parte das marcas do roteiro, que nos obligou a repasar todo o circuíto á primera hora da mañá”.