sábado. 30.09.2023

Esta competición a catro organízase entre os 16 mellores clasificados de Galicia e os dous primeiros clasificados xogarán a fase de ascenso este fin de semana en Lalín.

VISITA DO ADESTRADOR NACIONAL DA SELECCIÓN ABSOLUTA FEMENINA

A sorpresa do público que asistiu aos partidos do sábado a mañá e a tarde, foi a presenza nas gradas do seleccionador do equipo feminino de baloncesto Miguel Méndez, que se atopaba nas gradas seguindo ao seu fillo que xogaba no equipo de Vigo. Equipo que resultou o gañador do torneo, o cal tivo moito apoio nas gradas como se pode comprobar na foto adxunta.

O Presidente e adestrador do A.B. Xinzo, Luis M. Gil,  estivo saudando e compartindo anécdotas co seleccionador nacional.

Esta foi a primeira ocasión que un equipo pre-mini de Xinzo se clasificou para xogar esta liguilla de ascenso, co que a satisfacción do club e dos propios xogadores foi moita.