400 inscritos na IV “Ourense Strade Termal”

LOBEIRA 9/06/2021.- Presentación Strade Termal. José Paz
400 inscritos na IV “Ourense Strade Termal”

Os cicloturistas coñecerán a riqueza natural e paisaxística dos concellos ourensáns de Entrimo, Lobeira, Bande, Calvos de Randín, Muíños e Lobios, cruzando a fronteira de Portugal para pasar pola fermosa vila de Tourem

A proba cicloturista “Ourense Strade Termal” que este ano chega a súa cuarta edición, reunirá o vindeiro domingo, 13 de xuño, a preto de 400 inscritos cumprindo todas as medidas sanitarias previstas pola Federación Galega de Ciclismo. A presentación deste evento deportivo tivo lugar no miradoiro situado no Santuario do Viso en Lobeira, acto no que participou o presidente do Inorde, Rosendo Fernández; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; a xerente do Inorde, Emma González; os alcaldes de Lobeira, Bande, Entrimo, Lobios, Muíños; o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; o xefe do servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; a xefa de Ventas de TAR Ourense; Susana Hermida; e o director técnico da proba, Serafín Martínez.

CASE 400 CICLOTURISTAS PARTICIPARÁN NA PROBA QUE PERCORRERÁ GRAN PARTE DA LIMIA

Ás 11.00 horas: Presentación da IV Ourense Strade Termal.- O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, acompañados pola xerente do Inorde e polos alcaldes de Entrimo, Lobeira, Bande, Muíños e Lobios, presentarán a IV edición da Os preto de 400 cicloturistas anotados na proba poderán coñecer, grazas ao cambio de percorrido, a riqueza natural e paisaxística dos concellos ourensáns de Entrimo, Lobeira, Bande e Calvos de Randín, que se unen por primeira vez a este evento, xunto aos concellos que xa forman parte da historia da proba e que son o concello de Muíños, que concentra a maioría dos tramos de Sterrato presentes nesta proba de carácter nacional, e Lobios que acolle a saída e a chegada da proba. Este ano ademais pasará a fronteira de Portugal pola fermosa vila de Tourem, onde os participantes poderán degustar os famosos pasteis de nata, un símbolo que se repite cada ano na “Ourense Strade Termal” grazas á Cámara Municipal de Montalegre.