O AB Xinzo consegue a primeira vitoria da tempada

baloncesto
O AB Xinzo consegue a primeira vitoria da tempada

Tiveron que pasar catro xornadas para que os de Xinzo se fixeran coa merecida vitoria. Desta volta os locais recibiron o venres a visita do BCO Bosco. O econtro tivo emoción ata os últimos segundos cun marcador que quedou 57-56. O AB Xinzo finalmente conseguiu facerse co partido e estrean vitoria.

En cadete femenino tamén foi unha boa xornada. As rapazas de Xinzo gañaron por 54-50 ó Val de Lemos.