Abre o prazo para anotarse ó III Campus de Tecnificación en Fútbol de Xinzo

futbol
Abre o prazo para anotarse ó III Campus de Tecnificación en Fútbol de Xinzo

As actividades levaranse a cabo entre os meses de xuño e xullo

Un ano máis Xinzo acolle o campus para mellorar a técnica en fútbol en catro categorías que son prebenxamín, benxamín, alevín e infantil. Un conxunto de adestradores titulados serán os encargados de impartir as diferentes actividades que inclúen un picnic diario, sorteos, preparación específica de porteiros así como exercicios para practicar inglés. A roupa de adestramento tamén se inclúe.

O campamento deportivo vaise desenvolver entre o 27 de xuño e o 1 de xullo, en horario de 10h da mañá a 13.30h. As prazas son limitadas e para anotarse hai que acudir ó pavillón de deportes. O prazo para apuntarse remata o 15 de xuño.