Patricia F.S
14 de junio de 2016, 20:08
Un ano máis Xinzo acolle a carreira nocturna do ano. Esta cita deportiva dará comeza ás 20.15 h coa saída dos benxamíns e alevíns. Seguiranlle os infantís e cadetes ás 20.30h.
Máis tarde será a quenda dos prebenxamíns que sairán ás 20.50 horas. Cinco minutos máis tarde será a saída do grupo de pitufos.
Os últimos en saír serán os que participan na proba absoluta que dará comeza a partir das 21.30h.
As saídas serán dende a Praza de San Roque da vila. Para anotarse pode facerse no pavillón de deportes de Xinzo ou no enderezo web www.championchipnorte.com.