O Alcalde recibe á directiva do ANTELA despois do ascenso

292
O Alcalde recibe á directiva do ANTELA despois do ascenso

Haberá unha ofrenda a Sta. Mariña en breve

Alcalde e Concelleiro de Deportes reuníronse coa directiva do Antela F. C. encabezada polo seu Presidente. Na mesma tamén participou o párroco de Xinzo, D. Jaime, para programar a ofrenda floral a Santa Mariña, patroa do municipio de Xinzo de Limia, polo ascenso a Rexional Preferente. Tamén comentar como foi a tempada e ratificar o compromiso do Concello en apoiar ao club na vindeira tempada.

Dende o Concello queremos seguir apoiando os nosos clubes e asociacións, tanto deportivas, culturais, educativas ou sociais; que tan bo traballo están a realizar cada día, colocando o noso Concello na cabeza de oferta, participación e logros, tanto na provincia coma autonomía. A idea é irse reunindo con todas as directivas para programar e mellorar a labor do noso Concello para o vindeiro ano.