O Allariz golea ó Antela. (4-0)

IMG-20190929-WA0028
O Allariz golea ó Antela. (4-0)
Mala imaxe dos limiáns, que foron atropelados pola intensidade verdinegra

O partido comezou cos antelistas moi ben plantados e con dúas ocasións claras para Pedro Castro e Rivero. Foi un espellismo. Nos seguintes 30 minutos cada chegada do Allariz supuxo un gol ata chegar a catro. 4-0 ó descanso. Erros individuais e de sistema que foron corrixidos despois do intervalo pero xa era tarde. No 80 Juan Forri viu o vermello directo nunha acción co árbitro. Con esta Vitoria os alaricanos poñen a súa candidatura ó ascenso enriba da mesa. Os branquinegros fican na metade da táboa