Andaina entre Boado e Xinzo
13:13 24/08/22
13:13 24/08/22
O CDR O Viso e o Voluntariado XacobeAndo organizan unha andaina por un dos tramos do Camiño de Santiago, dende o Cruceiro de Boado ata o Albergue de Peregrinos de Xinzo
Mañá, xoves 25 de agosto, sobre as 9:45 horas darase comezo a unha andaina dende o Cruceiro de Boado ata o Albergue de Peregrinos de Xinzo.

Esta andaina está organizada polo CDR O Viso en colaboración co programa XacobeAndo. Unha iniciativa que promove as distintas rutas do Camiño de Santiago e mellora as súas condicións.
Dende o CDR O Viso indican que a participación será aberta e que prevén a asistencia de grupos próximos ao Centro de Desenvolvemento Rural como as mulleres que participan no Centro de Inclusión Lodoselo.
Ademais, concretan que despois da andaina pararase nos locais do CIX-CDR O Viso na rúa ladeira para tomar algo fresco.