Antela 3-Melias 0

Antela
Antela 3-Melias 0
Segunda vitoria do conxunto de Xinzo nesta categoría esta tempada

Vitoria incontestable dos branquinegros. Na primeira parte anularon totalmente ó Melias. Primeiro Yago Armada e despois Rivero levaron o 2-0 ó marcador. Na segunda o Melias adiantou liñas pero entre a defensa e Andrés González impediron que se axústase o resultado. Cara o final Rivero levantou á bancada cun golazo pola escuadra. A solidariedade e as axudas foron chave para dobregar ós verdibrancos. Con este resultado o Antela colócase a un punto do liderato. Á saída do estadio os afeccionados mostrábase ilusionados pola tempada que se presenta. Debutaron Bass e Modou