martes 25/1/22

     O martes pola tarde tivo lugar unha reunión na Casa da Cultura de Xinzo para tratar de solucionar o problema do Antela. 

Á xuntanza acudiron membros do equipo de veteranos, adestradores de categorías base e afeccionados do equipo local. A asemblea foi organizada polo concelleiro de deportes Luis Miguel Gil, para alertar da situación do Antela que corre risco de desaparecer se ninguén asume a directiva. 

Nun intento de convencer a algún dos asistentes, o edil resaltou que a entidade non ten ningunha débeda e que os equipos ata a categoría cadetes serán asumidos  polas Escolas Municipais. 

Comentarios