sábado. 03.06.2023

Pouco a pouco o Antela achégase a permanencia, para a que segundo os responsábeis do club lle faltarían 12 puntos a conseguir os 50 que darían a salvación na categoría.

Na tarde de onte o partido na primeira parte estivo moi igualado, quedando por diante o equipo local cun gol de Fabio aínda que  Yoni en dúas ocasións e Tumbeiro nunha puideron poñer o marcador encarrilado. Na segunda parte dominaron os visitantes marcando o gol do empate.

IMG-20230312-WA0007
IMG-20230312-WA0007

DERBI IMPORTANTE A SEMANA QUE VEN

A semana que ven disputarase o derbi contra o Verín na casa dos verineses onde se vai clarificar un pouco máis a clasificación aínda que neste momento o Antela está dous  postos  pór riba, pero cunha diferencia a favor dos “pataqueiros”de 5 puntos.