O Antela busca Presidente

Antela
O Antela busca Presidente
No ano do seu 101 cumpleanos

Antela

Na mañá do mércores a entidade branquinegra sacou un comunicado no que anunciaba que, despois de que a federación decretara o fin da tempada, a actual directiva daba por finalizado o mandato e convocou eleccións.

Agora ábrense dez días para a presentación de candidaturas. Dende A Limia puido saber que o actual presidente deixará o club e o resto de directivos están planeando presentar candidatura se se une máis xente ao proxecto.

De momento a actual directiva rexe o club de forma interina ata a proclamación dos novos cargos que se prevé para mediados de xuño. Corpo técnico e xogadores están á espera de coñecer o futuro da entidade para renovar un ano máis

Agardamos que haxa continuidade nun club que o vindeiro luns cumpre 101 anos