O Antela comezou a tempada igual que a rematou, perdendo na casa

IMG-20190908-WA0028
O Antela comezou a tempada igual que a rematou, perdendo na casa

Antela 1 Sporting Celanova 2

A aterraxe dos branquinegros na Primeira saldouse con derrota. A primeira parte foi mala e os celanoveses aproveitaron para poñerse con 0-2.

Na segunda o cambio de sistema e con Pedro Joni e Rivero no ataque o balanza equilibrouse e Joni acortou distancias. O mesmo xogador tivo a oportunidade de empatar a través dun penalti pero o meta Sotelo estivo máis atinado. Destacaron Breixo, Rivero e Joni por parte dos locais. Sanginés e Jaime polos visitantes.

Bo ambiente na bancada con xente de ámbalas escuadras