O Antela coñecerá o resultado desta tempada nos próximos días

IMG-20191023-WA0004
O Antela coñecerá o resultado desta tempada nos próximos días
Parece que o Verín será un dos que ascenda a preferente
Logo de varias reunións cos distintos estamentos a Federación galega decidirá quen ascende a Preferente. Parece que o Verín será un deles pero o seu acompañante é unha incógnita xa sexa por criterios económicos ou deportivos.

En calquera caso dende a entidade esperan que sexan dous os que ascenden tal e como reflictiron nas súas redes sociais.

Por outra banda cabe lembrar que no mes de xuño comezará o proceso de elección dunha nova directiva á que de momento non se coñecen candidatos. Dependendo da evolución da COVID iranse coñecendo máis noticias