O Antela e o Cortegada xóganse seguir na mesma categoría

antela 2014-15
O Antela e o Cortegada xóganse seguir na mesma categoría

s dous equipos están pendentes do arrastre de preferente con dous puntos de diferenza entre eles

A primeira autonómica xa está resolta tras sumarse o segundo ascenso a preferente. Pero, o Antela e o Cortegada inda están en tensión xa que o terceiro pola cola será arrastrado polo Nogueira de Ramuín ao descenso a segunda.

Os limiás, que teñen 32 puntos, válelles un empate contra o Melias para continuar na categoría. O Cortegada, con 30 puntos, aínda que gane o seu partido ante o Celanova, seguirá favorecendo aos limiáns posto que leva dous partidos sen éxitos e non puido impoñerse nas súas dúas anteriores visitas ao campo de A Regueiriña.

Pola súa parte, o Barbantes alcanzou a permanencia a falta dunha xornada. O Rúa volveu a gañar a domicilio logo de catro fracasos seguidos, mentres que o Vilariño encaixou a súa segunda caída consecutiva. O Ribeiro caeu postos tras tres derrotas consecutivas e o Taboadela acabou cunha mala racha de catro xornadas. O Velle acabou sen perder catro encontros e o Valenzá volve ocupar o sexto lugar na táboa.