O Antela deixou escapar dous puntos no seu campo

41134524_232807074078482_6477948732737323008_n
O Antela deixou escapar dous puntos no seu campo

O Moaña empatou , despois de ir perdendo de dous goles (3-3)

Os máis de douscentos cincuenta espectadores que se achegaron ata o Generali Moreira, natarde do domingo, a pesares de ser o día da Sainza, disfrutaron cos goles que se viron no campo , ainda que ao fin do partido o árbitro abandouou o campo ante os abucheos do “respetable”.

Un penalti en contra do Antela, moi protestado polos xiareiros, puxo o empate no resultado final.

Os tres goles do Antela subiron ao marcador da man de Xoel (2) e Carlos (1).