O Antela, o domingo, ten que gañar ..ou gañar

IMG-20190119-WA0001 (004)
O Antela, o domingo, ten que gañar ..ou gañar

Segue con 5 xogadores na enfermería

O Antela viaxa a Vilalonga coas baixas de Rivero, Pablo Forri, Xosé e Carlos López por lesión e Juan Carlos por quinto amarelo. Primeira final pola permanencia ante un rival directo.

A directiva segue na procura de fichaxes para reforzar a defensa para paliar a gran cantidade de goles que recibe o equipo. 50 ata o momento.
O número de socios segue medrando a pesar da situación do equipo. Faltan 3 para chegar ós 600. A cifra de afiliados máis alta da historia do equipo.

A semana pasada a xunta directiva do Antela celebrou a súa asemblea xeral ordinaria para presentar o balance económico do ano pasado que foi de 43.000 €, cun superavit de 400 € aproximadamente. Na mesma presentouse o presuposto para este ano 2019 que ascende a 55.000 €. Ambalas dúas cousas recibiron o visto e prace dos socios que asistiron a mesma.