O Antela faise por fin con tres puntiños, mentres o Boado non levanta cabeza

Antela 1
O Antela faise por fin con tres puntiños, mentres o Boado non levanta cabeza
Unha vitoria e unha derrota, aumentan a distancia ente os equipos limiaos na clasificación de 1ªAutonómica REDACCIÓN Xogar na casa deulle ao...

Unha vitoria e unha derrota, aumentan a distancia ente os equipos limiaos na clasificación de 1ªAutonómica

REDACCIÓN

Xogar na casa deulle ao Antela a confianza suficiente, para facerse coa súa primeira vitoria desta tempada 2013/14. O equipo limiao ganou na Moreira por 2 goles a 0 fronte ao Velle, situándose xusto no ecuador da táboa. Os tantos saíron das botas de Samuel e Dani Jardón. A semana que ven, na que será xa a terceira xogada de liga na 1ª División Autonómica, o Antela viaxará ata a Regueiriña para medirse co Barbantes.

O Boado trasladábase esta tarde ata a Cidade Deportiva do Seixo onde lle esperaba o C.D. Allariz, que lle encaixou ata catro goles. Un Boado impotente, non foi quen de inaugurar o seu marcador, polo que esta derrota converteuno en case pechacancelas, soamente por diante do Arrabaldo. E contra o Arrabaldo será o encontro do próximo día 15, que o Boado xogará na casa.

Así, a clasificación do Grupo 4 da Primeira División Autonómica queda desta maneira:

Segunda Autonómica

O sábado xogaron na Baixa Limia o Muíños e o Entrimo, ambos caeron derrotados fronte o Velle e o Viana, por 0 tantos a 1, e 1 a 2, respectivamente. Pero hoxe, tamén na casa, o Bande vencía ao San Cibrao por 1 a 0, resultado que lle permite manterse alto na táboa cun fantástico segundo posto, unicamente por detrás de A Merca.

A semana que ven todos os equipos de Segunda Autonómica xogarán en domingo, o Muíños visitará a A Manchica, Entrimo a Velle e Bande a Sande.

Polo momento a situación do Grupo 10 da Segunda División Autonómica é: