Un Antela falto de ideas

Antela
Un Antela falto de ideas
RICKY Empezamos o resumo cun Antela-Barbantes. O equipo limiao comeza un partido cun rival directo ca mala sorte que nos primeiros...

RICKY

Empezamos o resumo cun Antela-Barbantes. O equipo limiao comeza un partido cun rival directo ca mala sorte que nos primeiros minutos tivo a desgraza de quedar cun home menos e cun penalti convertido en gol. Na mesma xogada o xogador local Faly abandona o terreo por un pinchazo na coxa dereita,todo se volve encontra do equipo limiao que aguanta o tipo ata os últimos 20 minutos da segunda parte,cando o Antela inquietaba algo con balóns directos ao cadro visitante. Pero nunha contra levada a cabo ben por os xogadores do Barbantes fan o 0-2 que fai baixar os brazos o conxunto local, falto de ideas durante todo o partido. Xa chegaron dúas fichaxes o cadro local pero por agora aínda lles toca demostrar o acerto.

Dura tarde para o Boado, que chegaba onte a Santa Cruz, coa intención de sacar tres puntos e seguir na boa senda que levaba, pero onte non era o seu día. O partido comezaba con dominio local e o Boado non era quen de reaccionar, aínda por encima a media hora de xogo Pisto caia lesionado nun xeonllo, e entraría Pablo García por el, pero os dez minutos de entrar no campo tamén se lesionaba cunha forte contractura muscular.

Aínda así o Boado tivo as súas ocasións, pero sempre cun claro dominio local, así co 0-0 chegaríase ao descanso, que ao Boado lle valeu para saír con outra mentalidade. Así os primeiros 15 minutos foron moi bos, pero un tiro local desde 20 metros acabaría entrando polo ángulo. O Boado fai cambios e funcionan. A entrada de Vila deulle outro aire ao equipo, así aos 5 min de entrar metería un gol que lle anularían por falta, pero 10 min despois lograría o 1-1 final. O partido non tivo mais miga, so dúas expulsións para o Arrabaldo nos últimos minutos. Xa na segunda rexional o Piñeira enfrontábase o cadro do ex adestrador do Antela o Maceda. Comeza o partido e o Piñeira colle a iniciativa, no primeiro tempo dispón de ocasións claras por medio dos seus extremos que non acaban de concretar. O equipo visitante apenas inquieta a porteira local no primeiro tempo,a volta do descanso o equipo debido o mal tempo empeza a ser un ir e vir de balóns largos cando nunha destas o dianteiro visitante caza un balón imposible e saca unha falta o borde da área que acaba na mesma escuadra. O Piñeira tamén se empeza a meter no fondo da táboa e ten que empezar xa a sacar algúns partidos pa non chegar apurados aos últimos partidos. Na terceira rexional o Porqueira camiña firme cara a segunda rexional cunha vitoria ante o Molgas que solo se viu peligrar ao final debido a relaxación do equipo local. Tamén se xogou o derbi entre o Calvos de Randín e o Antela B. Empate a 0 entre dous equipos que non lles vale este resultado para meterse nos postos que loitan polo ascenso. O Vilar de Barrio gañou o seu partido e empeza a notar a fichaxe do adestrador Trina de cara a un futuro.

Categorías Inferiores: Velle 1-1 Cadetes Pabellón 5-3 Infantís Ponte 3-1 Alevín A Alevín B 5-0 Barbadás C Benxamín A 0-6 pabellón Ponte 1-2 Benxamín B Pabellón 10-0 Prebenxamín

Ata a semana que ben! En breves iremos subindo as fotos dos equipos da Limia de todas as categorías, non o perdas!