ANTELA FC 0 XUVENTUDE SANXENXO 1

51505912_615899358846280_4478045435247722496_n
ANTELA FC 0 XUVENTUDE SANXENXO 1

OS LILAINOS VENCERON POLA MÍNIMA

Partido frouxo en canto a ritmo de xogo pero con bastantes ocasións. No primeiro tempo unha para Xoel e outra para Javi. Do Sanxenxo non tivemos aproximacións ata o segundo tempo

Foi neste período cando o partido se converteu nun ida e volta con dúas ocasións para Xoel e unha para Joni. Berto tamén tivo traballo cos pés e coas mans. No 80, logo dunha perda, os visitantes trenzaron ata chegar á frontal para que Corrales cun dereitazo métese o único gol do encontro

Pouco fútbol o que nos ofreceron ambos equipos. Detalles individuais marcaron o resultado.

O único positivo coma sempre foi a afección. 382 persoas acudiron ó Generali a pesar de sermos o cabeiro da clasificación.