sábado. 30.09.2023

Hoxe, día 10 de xuño,ás 12:00, levouse a cabo a ofrenda floral á patroa de Xinzo, Sta. Mariña, como proba de gratitude dos xogadores do Antela no seu ascenso a preferente.

IMG_6491Os mozos do equipo agradeceron a presenza do Alcalde de Xinzo, e demais concelleiros.

Aínda que saben que a seguinte tempada  non vai ser fácil, expresaron o seu desexo e compromiso de seguir coa dedicación e ilusión que lle botaron ata agora. Non se esqueceron na súa dedicatoria aos compoñentes dos outros clubs polo seu repunte en tódalas categorías.

IMG_6498

A Sta. Mariña, patroa de Xinzo, xa ten unha camiseta do Antela