O Antela gaña na Moreira ao Allariz

IMG-20200202-WA0013
O Antela gaña na Moreira ao Allariz
Antela 3-Allariz 1

Comezaron os locais moi incisivos e de contado meteron o primeiro mediante Juáncar trala saída dun córner. Acto seguido meteu o do empate o Allariz e pasou a dominar o partido antes do descanso.

Na segunda, o dominio foi totalmente branquinegro con moitas ocasións marradas por Joni e Pedro Castro. Os goles da vitoria foron de Joni tras unha xogada de Rivero e Pedro Castro e de Borja Rubén que se estreou como goleador cun cabezazo no segundo pau.

O Antela volve gañar tras un decembro e xaneiro nefastos. Para a semana chega o derbi das Estivadas no segundo partido do Entroido