O Antela gaña por goleada mentres que o resto de equipos locais non acadan bos resultados

futbol
O Antela gaña por goleada mentres que o resto de equipos locais non acadan bos resultados

O Antela CF gañou por 4 goles ó UP Taboadela. Marcaron Saviola 3 goles e Nacho 1 para o equipo local. O UP Taboadela marcou un único gol en todo o partido no minuto 40 da primeira parte. Con esta victoria o Antela mantense no posto número 11 da clasificación con 10 puntos.

Peor tarde foi a do Piñeira Seca que perdeu por 4-1 fronte A Peroxa FC. O equipo de Piñeira está tendo un inicio de liga complicado con seis derrotas e un empate. Polo momento mantense no úlitmo posto da táboa con tan só un punto.

O Boado FC empatou no campo do Soutopenedo e arrastra así tres xornadas sen victoria con dous empates e un partido perdido fronte o ACD Cartelle. Con todo o bo aranque de temporada do Boado permítelle estar no posto número 6 e conta con 11 puntos.

O ACD A Saínza empatou na casa a ceros co CD Espadana e permanece así no posto seis con 5 puntos. Mala xornada de liga tamén para o Vilar de Barrio que perdeu no campo do ADF Molgas por 4-1. O equipo de Barrio queda así no posto número dez e suma tan só un punto.