O Antela levouse o derbi cun home menos

IMG-20191006-WA0009
O Antela levouse o derbi cun home menos

Vitoria dos antelistas fraguada no rigor defensivo e na efectividade en ataque.

Os goles chegaron no primeiro tempo. Joni e Rivero en dúas xogadas individuais levantaron á bancada branquinegra. De seguido unha dura entrada de Juáncar supuxo a expulsión do baltarés. Na segunda metade o Antela soubo manter a vantaxe ante un Monterrei superado. Con esta vitoria o Antela mira para arriba na táboa. Preto de 300 persoas acudiron á Moreira