O Antela máis preto do obxectivo da salvación

antelambía
O Antela máis preto do obxectivo da salvación

Este domingo, o Antela Club de Fútbol, volveu saborear a vitoria tras dúas xornadas consecutivas perdendo.

Este domingo, o Antela Club de Fútbol, volveu saborear a vitoria tras dúas xornadas consecutivas perdendo. Foi na casa, antes os seus afeccionados limiáns e fronte á Peroxa.

Un contundente 5 a 2 que devolve ao equipo antelán ao posto 8º da clasificación do grupo 4 da Primeira Galega. O equipo limián, logo dun moi irregular comezo de temporada, atópase agora moito máis preto do obxectivo da salvación.