Antela-Maside; Maside-Antela

Antela Benxamín
Antela-Maside; Maside-Antela

Este fin de semana o fútbol de base e o sénior xógase entre os equipos das dúas localidades.

Na mañá do sábado tocoulle a vez a os equipos da 2ª autonómica infantil. O equipo de Xinzo gañoulle a 5-4 a un mermado Maside que acudiu con tan solo 10 xogadores e sen porteiro tendo que facerlle fronte a un organizado Antela, que acadou o triunfo.

Maside Benxamín
Maside Benxamín

Na mañá do domingo enfrontáronse tamén en Xinzo os equipos de 2ª Benjamín. Este foi un partido moito máis igualado, no que os dous equipos tiveron varias oportunidades máis, pero que o travesaño coidouse de parar os varios tiros que a el foron. O partido quedou en empate a 1-1, coa satisfacción de ambas afecións.

Antela Infantil
Antela Infantil

Partido transcendental esta tarde en Maside

Como xa viñemos avanzando hoxe o Antela desprázase ata as Terras de Maside para poder traer 3 puntos cara a Limia, que moita falla lle fai ao equipo pataqueiro, para ter posibilidades de ascenso. O Maside por outra banda, non se xoga “nada”.

Destacar a cordialidade con que se celebraron os partidos dos pequenos e esperar que esta tarde os “maiores” aprendan e todo saia ben.

Maside Infantil
Maside Infantil