Os xiareiros do Antela quedaron con mal sabor de boca

IMG-20180910-WA0002
Os xiareiros do Antela quedaron con mal sabor de boca

O equipo conseguiu un solo punto na casa ante o VILALONGA FC cun empate sen goles

O partido comezaba co Antela moi enchufado e cunha ocasión clarísima de Xoel. Os visitantes dispuxeron sobre o campo un sistema moi repregado e os locais dominaban. Preto do descanso Carlos e de novo Xoel tiveron dúas ocasións para inaugurar o taboleiro.

IMG-20180910-WA0003

Na segunda igualáronse as forzas e Julián tivo que intervir en dúas ocasións para evitar o gol do equipo do Salnés. Joni dende a frontal e Fali nunha falta tiveron senllas oportunidades. O marcador non se moveu.

Van tres partidos e os branquinegros seguen competindo coma leóns. Dous puntos na táboa que ben poderían ser máis. 447 persoas hoxe na Moreira agradecendo o esforzo dos valentes pataqueiros. Orgullosos dos nosos xogadores!