O Antela quere seguir contando co adestrador Oscar Sabucedo

Oscar Sabucedo
O Antela quere seguir contando co adestrador Oscar Sabucedo

A directiva á espera da súa resposta

Tras dúas magníficas tempadas á fronte do club, o técnico ourensán ten ofertas doutros clubs para continuar a progresión. Un campionato e a mellor clasificación histórica do club en 104 anos avalan o bo facer de Sabucedo.

Oscar Sabucedo ten unha oferta do Antela para seguir un ano máis na entidade branquinegra. A directiva entende que Oscar está a gusto adestrando ao Antela, polo que espera que a resposta sexa positiva, para comezar a preparación da nova temporada canto antes.