11 de febrero de 2019, 16:29
Moi mala imaxe dos branquinegros na tarde do domingo fareleiro. Os mecos levaron os tres puntos sen facer practicamente nada.
Na primeira metade unha ocasión de Xoel e unha falta de Quintairos foi o único salientable. No minuto 45 chegou o primeiro dos visitantes nun agasallo da defensa.
Na segunda os visitantes volveron aproveitar un erro para nunha contra sentenciar o partido. O 0-3 chegou pouco despois.
Inoperancia, apatismo e tristeza marcaron un partido que non parecía de Preferente. No domingo Fareleiro levamos un duro golpe. Confiemos en que os valentes branquinegros se repoñan o sábado no derbi.