O Antela veuse do campo do Vilalonga con tres puntos
1-3 con goles de Tazos (2) e Guede(1)
O Antela estaba falto de goles e puntos e estes chegaron no partido que esta tarde disputaron contra o Vilalonga, un rival directo dos limiás.
Os primeiros trinta minutos do partido foron moi igualados ata que o árbitro pitou un penalti, moi rigoroso na área do Antela, penalti que transformaron os locais índose eles con un gol arriba e o Antela, coa moral un pouco baixa ao descanso.
Todo isto cambiou a pouco de comezar a segunda parte cando os branquinegros por mediación de Tazos conseguen o seu primeiro gol que pon en empate o partido.

O Antela seguiu presionando e nunha man na área do Vilalonga que ninguén protesta o arbitro pita penalti contra os locais que transforma Tazos para o cazoleiro dos visitantes e o segundo no seu cazoleiro.
Case ao final do partido Guede logra transformar outro tiro en gol, rematando así o partido e conseguindo os tres puntos fora da casa para o Antela.
SEMANA TRANQUILA A ESPERA DO DERBI
O Antela desta maneira afronta unha semana de tranquilidade esperando o “derbi” do domingo que ven contra o Verín.
No partido desta tarde destacaron, ademais dos goleadores Tazos e Guede e Breixo e Peque.