O Antela veuse de Sanxenxo cunha derrota sen paliativos (6-0)
O mellor do partido os 49 seguidores do Antela que se desprazaron ata a costa
De derrota sen paliativos, se pode definir o partido que esta tarde disputaron no campo de Baltar de Arriba o equipo titular de Sanxenxo e o Antela . O noso rival foi moi superior nos 90 minutos de xogo. Tan solo en dúas ocasións, unha en cada metade Joni foi capaz de tirar a porta do equipo que xogaba na casa, que foi moi superior en tódolos aspectos do xogo.
O noso equipo cometeu moitos erros na defensa, que propiciou o avultado de marcador en contra.
49 xiareiros desprazáronse a Sanxenxo
O mellor do partido foi a afección do Antela, que aínda sendo equipo visitante, fixeron notar a súa presenza nunhas gradas medio valeiras.
Todos os afeccionados pensan que este ano esta categoría vai a ser moi dura e complicada, aínda que non perden as gañas de continuar seguindo ao equipo durante toda a tempada.