O Antela visita ao Sta. Teresita esta tarde na "Bombonera"

IMG-20191012-WA0001
O Antela visita ao Sta. Teresita esta tarde na "Bombonera"

Hoxe ás 05:00

O Antela visita a "Bombonera''. Partido peculiar o que lle espera ó Antela esta fin de semana. Peculiar polas reducidas dimensións do seu estadio, e peculiar porque enfróntase a un recén ascendido que está a facer un inicio de tempada soberbio. Será un partido de alto voltaxe onde as afeccións xogarán un papel decisivo. O Santa Teresita - Antela pode catalogarse como un partido de alta intensidade debido o especial que se fan os encontros neste barrio ourensán. Miguel Alonso só ten a baixa de Juáncar por sanción. Cáense da convocatoria Pablo Forri e José Ángel. Agárdase moita presenza de afeccionados branquinegros na capital. Eiroás, domingo ás 5 da tarde