O Antela volve a deixar puntos nos últimos minutos

47476928_1984722044950751_1988164735257804800_n
O Antela volve a deixar puntos nos últimos minutos

O arbitro pitoulle un penalti co tempo cumprido

UN PARTIDO DE 124 MINUTOS

Dura e polémica derrota no Generali Moreira. Dúas partes ben diferenciadas. Na primeira un gol visitante no minuto 2 condicionou o plantexamento do adestrador local. O Mondariz marcou e soubo manexar os tempos para que non sucedese nada, mentres o Antela estaba apático.

Na segunda os branquinegros sacaron o seu espírito e empataron por medio de Fali tras unha internada de Carlos. Eran os mellores minutos e prevíase que podía chegar ó 2-1. Todo se truncou coas expulsións de Enio e Fali.A partir deste momento, o equipo local quedou sen columna vertebral.

Co tempo cumprido o árbitro sinala penalti e a afección eleva as súas protestas aproximándose o valado do campo. Seguidamente o árbitro decide suspender o partido e expulsar a Álex. Despois de 29 minutos os ánimos calmáronse e púidose lanzar a pena máxima. O Mondariz transformou e levou os tres puntos para o Condado.

Tres expulsións e a lesión de Xoel. Con ata 8 baixas se pode atopar a semana que vén o equipo antelano. O regreso á Preferente está sendo unha carreira de obstáculos para o equipo, pero dende o club os ánimos seguen altos. Aínda así sairemos adiante!

CAMPAÑA RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Como estaba programado na xornada do domingo todos aos afeccionados que levaran alimentos, cambiaríanselles por entradas para ver o partido.

Moitos foron os que quixeron participar colaborando, tal foi así que a furgoneta na que se ían metendo os alimentos quedou chea. Tanto a directiva como os que participaron nesta xornada solidaria agradecen a todos os que participaron as súas achegas.