O Antela, xa é "Preferente"
23:37 15/05/22
23:37 15/05/22
Por fin a afección do equipo puido ver o ascenso na Moreira
Esta tarde a Moreira viviu un dos días máis esplendorosos da súa historia. Esplendoroso, non solo pola tarde soleada, se non polo rosario de goles que lle logrou encaixar ao rival do día o Sporting Carballiño que xa viña coa moral baixa para enfrontarse aos líderes.

ANTELA5-SPORTING CARBALLIÑO 2
Non houbo outro color no campo que non foran os das camisetas dos limiaos. Porta e Yoni con dous goles cada un puñan o marcador e o ascenso no camiño, rematando o mesmo Pisto, que se despedía hoxe da afección, quen subiu o quinto ao marcador.
Todos os xogadores celebraron o ascenso cos afeccionados rematado o partido e posteriormente no vestiario e logo polo barrio de abaixo.