ANTIOQUÍA DEMONS COLÓCASE PRIMEIRO NA CLASIFICACIÓN

Antioquía demons
ANTIOQUÍA DEMONS COLÓCASE PRIMEIRO NA CLASIFICACIÓN

Os da Limia mostraron unha boa versión e deixaron claro as ganas dos xogadores de olocarse como un dos favoritos para conseguir o título

Comezou un caloroso día o pasado 24 de xuño e os xogadores de Antioquía Demons desprazáronse ata Vigo para disputar a penúltima xornada da Segunda División (Grupo Sur) da Liga Galega de Fútbol Flag. O primeiro triunfo do día chegou contra Vigo Guardians Femenino. Antioquía Demons volveu a tirar de oficio e conseguiu unha nova vitoria por un avantaxado 45-13.

No segundo e último partido do día Antioquía Demons enfrontouse a Pontevedra Canteiros B aos que gañaron con un axustado 20-25. Gracias a este triunfo o bloque limiá sitúase primeiro con seis vitorias e tan so unha derrota, conseguindo a clasificaciónmatematica para o play-off de ascenso.

Antioquía Demons gañou os dous encontros disputados no campo de Fragoselo (Vigo) ante Pontevedra Canteiros B e Vigo Guardians Femenino. Con isto, o conxunto limiá sitúase líder na clasificación con un balance de seis vitorias e unha derrota, que sufriron a pasada xornada ante o equipo olívico Guardians B.

A próxima xornada que será o día 6 de xullo, os antelanos xogaranse o primeiro posto con Vigo Guardians B, que hoxe perdeu contra Canteiros e suma en total cinco triunfos e dúas derrotas.