Antioquía Demons desprazarase a Vigo para disputar a segunda xornada da Liga Galega de Fútbol Flag

87
Antioquía Demons desprazarase a Vigo para disputar a segunda xornada da Liga Galega de Fútbol Flag

O equipo vigués, Vigo Guardians B, será o anfitrión da xornada

Este domingo día 23 de abril, os Antioquía Demons viaxarán ata Vigo para disputar unha nova xornada da Segunda División da IX Liga Galega de Fútbol Flag. Os encontros comezaran as 17.00 horas no campo de fútbol de Fragoselo, en Coruxo.

Nesta ocasión, os da Limia enfrontaranse a Morrazo Krakens, equipo contra o que perderon na primeira xornada en Xinzo de Limia por 20-38, e a Piratas CFA, conxunto que aínda non se mediu a Antioquía Demons. Por outra banda, Vigo Guardians B será o anfitrión da xornada e xogará tamén contra os do Morrazo e Piratas.

Tras as dúas derrotas da primeira xornada, o equipo espera conseguir no día de mañá a súa primeira vitoria da competición