OS ANTIOQUÍA DEMONS ESTRENOUSE NA LIGA GALEGA FUTBOL FLAG

87
OS ANTIOQUÍA DEMONS ESTRENOUSE NA LIGA GALEGA FUTBOL FLAG

O bo tempo e os numerosos afecionados formaron parte da tarde de fútbol flag

O domingo, día 19 de marzo, o equipo de Xinzo de Limia, Antioquía Demons, debutaba na primeira xornada da Segunda División da Liga Galega de Fútbol Flag. Os limians tiveron que enfrontarse a Vigo Guardians B, que conseguiu unha clara victoria por 13-64, e contra Morrazo Krakens, por un axustado 20-38 no marcador.

O primeiro partido contra Vigo Guardians B, estivo marcado por os nervios dos xogadores da plantilla limiá que se atoparon con un rival complicado sobre o terreo de xogo. De todas formas, Antioquía Demons conseguiu anotar dous ‘touchdowns’ (denominación para unha anotación en fútbol americano) e un punto extra que fixo que o marcador non quedase a 0.

O segundo encontro ante Morrazo Krakens, os locais mostraronse máis seguros sobre o campo, o que se viu reflexado no xogo dos locais que comezaron anotando na primeira xogada. Non tardaron en sobrepoñerse os do Morrazo, chegando a situarse por diante no marcador, feito que deixou un choque do máis entretido. Un par de erros a poucos minutos do final decantaron mais o marcador hacia o lado visitante, facendo que os limians tiveran dificultades para lograr remontar o partido.

A pesar de todo, as sensación son boas por parte dos xogadores e o corpo técnico, que se mostrou satisfeito co rendemento dunha plantilla repleta de xente sen ningunha experiencia neste deporte.

O seu próximo obxetivo, acadar a victoria nun dos encontro que se disputarán o vindeiro 23 de abril no campo de Fragoselo, en Coruxo (Vigo).