A comisión de festas organiza xunto coa asociación Bandidos Xóvenes e o Concello o primeiro torneo desta categoría
REDACCIÓN [email protected] Twitter:@DendealimiaA Comisión de Festas do San Roque 2014, en colaboración co Concello de Bande e coa asociación Bandidos Xóvenes, organiza o I Torneo de Fútbol 7 de veteranos. A competición celebrarase os vindeiros 28 e 29 de xuño no Campo do Outeiro.
Os equipos, que deberán estar compostos por un máximo de 14 xogadores, teñen ata o vindeiro 20 de xuño para inscribirse na competición mediante unha cota de 20 euros por conxunto. As regras na disputa dos encontros serás as propias do fútbol 7 e haberá trofeos para os primeiros tres clasificados, así coma para o mellor xogador e o mellor porteiro.
Para obter máis información pódese visitar a web oficial do torneo http://www.torneofultbolbande.wordpress.com ou ben poñerse en contacto cos organizadores por teléfono no 617 565 719 ou por correo electrónico escribíndolles a [email protected] .