jueves. 30.03.2023

Apurada vitoria dos Sénior masculinos de Xinzo

Un choque fortuíto fixo que un dos xogadores de Barbadas, fose retirado en padiola polos servicios do 061

Momento en que o xogador do Barbadas tivo que ser evacuado en padiola

Esta tarde o equipo Sénior masculino de baloncesto de Xinzo, tiña necesidade de vencer contra o equipo de Barbadas, para manter case intactas as posibilidades de entrar nos playof da liga.

Durante todo o partido os xogadores de Xinzo estiveron sempre por diante no marcador, aínda que nos últimos minutos tiveron algúns apuros.

BOA DEFENSA E ATAQUE APRESURADO

A vitoria dos limiás foi posible gracias a boa defensa que mantiveron durante os 40 minutos. Non así o acerto no aro contrario, con moita precipitación e moitos erros froito dos nervios.

Agora desprazamento o próximo fin de semana e non perder por máis de 20 puntos, que son os que teñen de vantaxe co segundo clasificado.

O partido estivo suspendido durante bastante tempo no 3º cuarto por mor dun encontronazo fortuíto que provocou que un dos xogadores visitantes fose evacuado do campo en padiola.

O adestrador ao fin do partido manifestou que a cuestión non parecía grave para o seu xogador.

Bancada xuvenil que en todo momento animou ao equipo local