27 de mayo de 2023, 20:02
Por primeira vez na historia do basket de Xinzo un equipo logra o ascenso a 2º división, chamada Liga Galega.
O que onte parecía pouco probable, que o Lemos lle ganara ao primeiro clasificado, co que o A.B. Xinzo quedaría relegado, aconteceu. Cando falta menos de 1 minuto para rematar o partido o Lemos gaña de 20 puntos, co que o equipo de Xinzo, queda primeiro da liguilla de ascenso.
Neste momento o equipo limiá pasa a ser o 5º equipo da provincia detrás do COB, Bosco de E.B.A , Allariz e Campus, que están en primeira división galega.
Toni Ladra, no primeiro ano que adestra ao equipo de Xinzo, logra o ascenso, cousa que a priori non entraba nos plans do equipo.