A asemblea de socios do Antela deulle un "cheque en branco" a xunta directiva

IMG_20191025_205512
A asemblea de socios do Antela deulle un "cheque en branco" a xunta directiva
É sintomático que non acuda á asemblea de socios do Antela ningún representante do concello

A asemblea do Antela saíu de forma satisfactoria para a directiva.

Aprobáronse todos os puntos a tratar e no apartado de rogos e preguntas os socios mostraron o seu malestar polas dificuldades que ten o club para cobrar as subvencións pactadas da administración local.

En palabras dun dos socios "é sintomático que non acuda á asemblea de socios do Antela ningún representante do concello". Dende a directiva avogan por darlle un voto de confianza a corporación. De igual forma se preocuparon por reforzar o equipo de cara a estar nos postos altos da táboa.