A Asociación Baloncesto Xinzo convida ós limiaos a participar nun adestramento ó aire libre

baloncesto
A Asociación Baloncesto Xinzo convida ós limiaos a participar nun adestramento ó aire libre

Con motivo do inicio da tempada 2016/2017, dende a Asociación Baloncesto Xinzo queren convidar a toda xente que queira introducirse no deporte.

Así o xoves comezan os adestramentos ó aire libre na Praza Carlos Casares abertos á participación da cidadanía. Mañá ás 19h será a quenda do grupo infantil, ás 20h o cadete e ás 21h o junior.

O venres tocaralle ó grupo dos prebenxamín e benxamín ás 19h, ó alevín ás 20h e ó sénior ás 21h.