A Asociación Deportiva Limiactiva organiza por primeira vez unha proba de Liga Galega de Orientación na modalidade de O-Pé

cartel trofeo limiactiva_01-2
A Asociación Deportiva Limiactiva organiza por primeira vez unha proba de Liga Galega de Orientación na modalidade de O-Pé
Mais de 300 orientadores daranse cita este sábado na Sainza (Rairiz de Veiga), para participar no I Trofeo Limiactiva de...

Mais de 300 orientadores daranse cita este sábado na Sainza (Rairiz de Veiga), para participar no I Trofeo Limiactiva de Orientación

Esta proba contará con novo mapa, realizado por Martín Morales durante este pasado verán. A proba contará con percorridos para federados e para iniciación así como un laberinto correlín para os mais pequenos. Despois de organizar por segundo ano consecutivo o seu propio circuito de carreiras de orientación, Limiactiva engade unha actividade mais ó seu apretado calendario de eventos. Óscar Gómez, reelexido presidente de Limiactiva tan so fai unhas semanas, engade que “ata fai uns anos, a orientación era un deporte descoñecido na Limia. E agora, gracias a promoción que estamos facendo en centros escolares e concellos, podemos decir que son poucos os nenos limiáns que non o practicaron algunha vez”. Ademáis “tamén organizamos probas do noso Circuito de Orientación por toda a provincia, e cada vez son mais os Concellos e Institucións que se poñen en contacto con nos para que fagamos algo na súa zona” A carreira de este sábado comezará ás 10:30 h, coa saída dos primeiros corredores, tendo previsto que remate sobre as 13:30 h coa entrega de trofeos ós tres primeiros clasificados de cada unha das categorías. Para máis información e requisitos para apuntarse prema aquí.