O A.B. Xinzo ficha por primeira vez a un adestrador que non é da canteira

1º adestramento de Toni Ladra en Xinzo
O A.B. Xinzo ficha por primeira vez a un adestrador que non é da canteira

Toni Ladra, histórico xogador e adestrador de baloncesto foi presentado aos xogadores esta noite.

Toni Ladra
Toni Ladra

Esta noite os xogadores dos equipos sénior e júnior recibiron con gran satisfacción a quen será durante a tempada 22/23 o seu adestrador Toni Ladra, quen despois das presentacións dirixiu o seu primeiro adestramento da tempada.

Este equipo formado totalmente na canteira, no que case todos os xogadores levan xuntos dende os 8 anos, necesitaba alguén con experiencia en competicións fortes e sobre todo que fora novidade. Aos que levamos moito tempo, xa nos teñen collida a “agulla de marear”. Así se manifestaba Luis M. Gil, coordinador do club e adestrador deste equipo durante as últimas tempadas.

Queríamos alguén do perfil de Toni, e déronse moitas circunstancias positivas, sobre todo a filosofía do noso club, para que por primeira vez un adestrador foráneo da categoría e traxectoria de Toni, tanto como xogador como de adestrador decidira coller a estes dous equipos.

Non tivemos practicamente oportunidade de falar con Ladra, simplemente saudalo, posto que aínda sendo o primeiro adestramento co equipo este era de moita intensidade, estilo “da casa”.

Benvido e desexámoslle moitos éxitos e felicitamos ao club por traer a Xinzo un adestrador coa traxectoria de Toni Ladra en Ourense e fora da provincia.