O equipo adestrado por Miguel López acadou a vitoria no seu enfrontamento cun marcador de 44 a 34, conseguindo unha vitoria de gran prestixio para os intereses do A.B Xinzo.
A outra noticia destacada da xornada, foi a finalización do campionato de liga da 3ª división Senior, onde os rapaces de Gonzalo conseguiron alcanzar o sétimo posto na táboa clasificatoria.
Nesta última xornada, o equipo do A.B Xinzo tiña derbi fronte o Xuventude Verín, partido que se disputou no pavillón de Xinzo o sábado día 5 de abril e o cal estivo marcado polo desacerto no tiro do equipo de Gonzalo como dos árbitros á hora de tomar e avaliar decisións.
Como todos os derbis, o partido foi disputadísimo, a pesar de ser o último encontro de liga e de que ningún dos dous equipos se xogaba nada importante. O partido estivo marcado polo dominio do equipo de Verín durante gran parte do encontro, pero os rapaces de Gonzalo mostraron o seu carácter competitivo no último cuarto de xogo e puideron darlle a volta o marcador alcanzando unha vitoria moi importante cun marcador de 52 a 43. ¡Agora toca ir pola Copa!
O Equipo Alevín Masculino derrotou o equipo de Maristas cun marcador de 68 a 34, mostrando a gran personalidade e o gran traballo que se leva a cabo cos rapaces de Luis Miguel.
Ó igual co equipo Benxamín Masculino, adestrado por Andrés, que visitou a cancha de Allariz para conseguir unha vitoria fronte o C.B Allariz por 32 a 80.
Polo resto de equipos de categorías menores, cabe falar da derrota do Benxamín Femenino contra o E.D.O Prácticas cun marcador de 71 a 21. Desta maneira o equipo de Gabriel Mandianes sumou unha derrota que non lle quita opcións de título. E por último dicir que o equipo de categoría Benxamín Mixto caeu derrotado na súa visita ó C.B Allariz cun marcador de 55 a 4.