O A.B.Xinzo pecha a tempada 22/23 con dous novos títulos
19:17 10/06/23
19:17 10/06/23
Dúas finais da Copa Deputación con dúas vitorias
Esta mañá o pavillón de Xinzo volveu a ter un cheo nas gradas e nas 3 pistas, nas que se celebraron as finais de Pre-mini e Mini da Copa Deputación.
Ata Xinzo trasladáronse os 12 finalistas da Copa nas modalidades de Pre-mini 2013 e Mini 2011 en homes e mulleres. O A.B. Xinzo participaba en dúas das finais masculinas nas que logrou a medalla de ouro.
Desta maneira e con esta festa deportiva, unha vez máis Xinzo demostrou, que non solo ten equipos se non que o A.B. Xinzo, xunto coa Concellería de Deportes conta co aval e experiencia suficiente para a organización destas finais provinciais.


