A. B. Xinzo presentou equipos, directiva e patrocinadores no Pavillón Municipal

image2
A. B. Xinzo presentou equipos, directiva e patrocinadores no Pavillón Municipal

Ao finalizar o acto, organizouse un pequeno aperitivo apra os pais e os participantes.

A Asociación Baloncesto Xinzo presentou onte a todas as categorías que forman o clube, así como á renovada directiva e aos patrocinadores para a tempada 2017-2018.

O acto de presentación tivo lugar onte, 22 de decembro, no Pavillón Municipal.

No evento presentáronse as todas as categorías nas que a asociación ten equipo e a nova directiva, que tamén coordinará as escolas deportivas nos centros escolares cos que mantén un convenio de colaboración nesta presente tempada.

image3

Esta presentación serviu, ademáis, para convidar a participar no reto solidario "100 por 100 co MEF2C", posto en marcha pola asociación Síndrome MEF2C coa colaboración de Salva Arco, xogador de baloncesto do C. B. Breogán de Lugo. Este reto ten como obxectivo profundizar no estudo e investigación do citado síndrome, que é causado por unha mutación xenética. Segundo contou para o dendealimia.com o novo coordinador do clube, David Fernández Martínez, ª"o obxectivo solidario é vender máis dun cento de pulseiras a 2€ cada unha para a investigación sobre esta enfermidade rara".

Ao finalizar o acto, organizouse un pequeno aperitivo apra os pais e os participantes. A. B. Xinzo confírmana uns 130 rapaces e rapazas, contando todas as categorías. Nesta tempada estarán competindo en todas as competicións excepto en cadete feminino, onde on lograron formar equipo.

image4

A nova directiva está formada por Rosa García como presidenta, Carlos Carrera como vicepresidente e Eva Feijóo como tesoureira, ademáis de Roberto e José Luís e Paula como vocais.