O A.B. Xinzo, segue a pisar forte na provincia.
Os primeiros en competir este fin de semana foron os equipos Sénior masculino e feminino, perdendo os dous equipos contra os seus rivais, o feminino en Ourense e o masculino na casa, nun partido moi igualado que se decantou nos últimos minutos a favor do Taula, máis que por acertos do contrario , polos fallos dos Limiaos, no tiro libre.

Os Júnior desprazáronse ata o Barco conseguindo unha vitoria e unha derrota, por parte do equipo masculino, perdendo por tan solo 2 puntos nos últimos segundos. As féminas gañaron de seis puntos.
Maside foi outro dos destinos deste fin de semana a onde se desprazaron os equipos cadetes, conseguindo tamén un triunfo, neste caso do equipo masculino e pola contra unha ampla derrota das féminas.
Os infantís masculinos contan os seus partidos por vitorias.
O equipo infantil masculino colleitou outra vitoria máis co que xa levan seis, sendo primeiros de grupo. As féminas desta categoría tamén perderon.
Os Mini masculinos gañaron en Celanova e o mini feminino perdeu na casa co Blanco Amor de Ourense.
Os e as Pre-mini 2013 gañaron tanto na casa como na visita que fixeron as Carmelitas.
As pre-Mini 2014 perderon no seu desprazamento a Ourense ao campo do Mestre Vide.