Rematou o Entroido, rematou a festa e o baloncesto segue; e segue coa mellor xornada da tempada. Dos dez equipos Eidoempresa A.B Xinzo, sete conseguiron a victoria.
Na xornada do venres xogaron todos os equipos mini. Unha vez máis o conxunto dirixido por Miguel "Migui", benxamín feminino, acadou outra victoria, e xa son 11 sen ningunha derrota.
Ganaron tamén, con partidos moi disputados, o alevín feminino, o alevín masculino A e, por primeira vez na tempada, o alevín masculino B; contra o Divino Maestro, decidindose o final cuns tiros libres fallados polo equipo capitalino.
O equipo benxamín masculino non tivo tanta sorte no seu derbi contra o Allariz. Partido igualado pero ao final decidiuse do lado visitante.
Na matinal do sábado, en Xinzo, derrota do infantil masculino contra o ABO Ourense 2014 e victoria do cadete masculino por un abultado marcado contra o Blanco Amor.
O infantil feminino tamén sacou un resultado favorable na súa visita a pista de Maristas, rematando a fase regular cun meritorio 5º posto con 6 victorias e 8 derrotas.
Dous partidos disputaronse o domingo a tarde en Xinzo. O cadete feminino saiu derrotado no seu enfrontamento contra Blanco Amor, e victoria importantísima para o conxunto de David, senior masculino, que o acerca con moitas opcións a librarse dos play offs de descenso. Victoria importante ante o rival directo, San Cibrao, que fai que o noso equipo dependa de si mesmo para asegurar o 8º posto.
RESULTADOS
SENIOR MASCULINO:
EIDOEMPRESA A.B XINZO (58) - CB SAN CIBRAO (51)
CADETE FEMININO:
EIDOEMPRESA A.B XINZO (21) - BLANCO AMOR (47)
CADETE MASCULINO:
EIDOEMPRESA A.B XINZO (91) - BLANCO AMOR (31)
INFANTIL FEMININO:
MARISTAS (51) - EIDOEMPRESA A.B XINZO (79)
INFANTIL MASCULINO:
EIDOEMPRESA A.B XINZO (36) - ABO OURENSE 2014 (58)
ALEVÍN FEMININO:
EIDOEMPRESA A.B XINZO (67) - C.B ALLARIZ (62)
ALEVÍN MASCULINO:
EDO (35) - EIDOEMPRESA A.B XINZO A (40)
EIDOEMPRESA A.B XINZO B (45) - DIVINO MAESTRO (43)
BENXAMIN FEMININO:
EIDOEMPRESA A.B XINZO (64) - EDO COUTO (39)
BENXAMÍN MASCULINO:
EIDOEMPRESA A.B XINZO (56) - C.B ALLARIZ (66)